Proceso de admisión

ADMISIÓN

Proceso de admisión curso 2019/20

Deixamos neste artigo a información de todo o proceso de admisión de novo alumnado e renovación de prazas para o vindeiro curso 2019 – 2020.

1-NORMATIVA REGULADORA

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bachallelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

2- CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2019/20

Reserva de praza 3 – 15 de febreiro
Sorteo público a efectos de desempate Última semana de febreiro e antes do 1 de marzo
Publicación de postos escolares vacantes Antes do 1 de marzo
Presentación de solicitudes de admisión 01 – 20 de marzo
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremación 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes  ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. Antes do 25 de abril (poderase efectuar reclamación no prazo de 5 días hábiles a partires da súa publicación)
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas  e non admitidas. Antes do 15 de maio (as posibles relcamacións se presentarán ante a Xefatura Territorial no prazo de un mes a partires do día seguinte á publicación)
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria. 20 – 30 de xuño
Formalización de matrícula en eso. 25 de xuño – 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en eso 1 – 10 de setembro

3- XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

A xornada de portas abertas desenvolverase no mes de febreiro, os días:

Venres día 8 de febreiro: 10:00 horas

Martes 12 de febreiro: 18:00 horas

Mércores 20 febreiro:  10:30 horas

Xoves 21 de febrero: 12:00 horas

Para efectuar esta visita ao centro, de xeito personalizado, deben chamar ao teléfono 986 376 153 do Colexio, confirmando a hora, que vostedes elixan, para ser atendidos.

Agardámosvos!

4- PERIODO DE ADMISIÓN

O procedemento e prazos de reserva e de admisión do alumnado son:

4.1 ALUMNADO MATRICULADO XA NO COLEXIO

Vos enviaremos a través dos titores a ficha de actualización de datos: Rogamos que a entreguedes antes do día 28 de febreiro

4.2. ALUMNADO NOVO

4.2.1. Presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo.

A familias poderán cumplimentar as solicitudes de reserva na secretaría do centro ou ben telemáticamente (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/).

Se desexan tramitar a reserva a través da sede electrónica, deberán utilizar o modelo co código de referencia ED550A

Se a familia presentou a solicitude por vía telemática (sen certificado dixital) deberá  entregar no centro a documentación xenerada incluindo o código de solicitude

No impreso poden relacionar ata 6 Centros por orden de preferencia, pero cada alumno e alumna só pode presentar una única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle (Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en en centros docentes sustentados con fondos públicos) . A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de orixe.

A solicitude deberá ser asinada pola nai, pai ou representantes legais da alumna/o.

O proceso de admisión continuará durante os meses de abril, maio e xuño, cunhas datas e prazos que proximamente serán publicados.

4.2.2. Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión.

No caso  que que teñamos máis solitudes que vacantes solicitaremos a presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremación a entregar do 22 de marzo ao 4 de abril de 2018 na secretaría do Centro.

Os criterios de baremación segundo a normativa vixente son:

CRITERIO PUNTUACIÓN
Irmáns/ás no centro Primeiro irmán:  8 puntos
Segundo e seguintes: 2 puntos cada un
Traballador do propio centro 3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores
Proximidade do domicilio familiar Na área de influencia: 6 puntos
En áreas limítrofes: 3 puntos
Lugar de traballo do pai/nai/titor Na área de influencia: 4 puntos
En áreas limítrofes: 2 puntos
Renda anual per cápita da unidade familiar Inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos
Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao  IPREM: 1 punto
Igual ou superior ao IPREM: O puntos
Discapacidade igual ou superior ao 33% Do alumno/a: 4 puntos
Dun pai, nai, titor: 3 puntos
Irmán ou irmá: 1 punto cada un deles
Pertenza a familia numerosa Categoría Xeral: 2 puntos
Categoría Especial: 3 puntos
Condición de familia monoparental 2 puntos
Criterio complementario do centro: ser antiga/o alumna/o do centro 1 punto

4.2.3. Publicación de ADMITIDOS e NON ADMITIDOS

Publicación dos listados provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril de 2018.

Publicación dos listados definitivos de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio de 2018.

Prazo para a formalización da matrícula ordinaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2018, ambos inclusive.

5.- Horario de atención.

A partir do mes de febreiro, a Dirección do Colexio vos atenderá con previa cita para consultar calquer dúbida.

SECRETARÍA:

Dende as 10:00h ata as 14:00h todos os días.

OFERTA DE VACANTES CURSO 2019-20

CURSO NÚMERO DE VACANTES
4º Educación Infantil 25
6º Educación Infantil 4
2º Educación Primaria 6
5º Educación Primaria 1
1º Educación Secundaria Obrigatoria 4
2º Educación Secundaria Obrigatoria 5
4º Educación Secundaria Obrigatoria 1

Vigo, a 28 de Febreiro de 2019