CENTRO

 

 

 

Somos un centro da Congregación das Servas de San Xosé que comezou a nosa andaina no 1934. Estamos no barrio de Teis de Vigo e a Familia de Nazaret, fogar e taller, inspira o noso quefacer educativo.

A Fe, o Traballo, e o Amor son eixes transversais da nosa tarefa educativa.
O Colexio inaugurouse o 15 de setembro de 1934 obtendo a aprobación definitiva como Colexio de primeiro ensino o 21 de decembro de 1937. Foi adaptándose ás lexislacións vixentes en cada momento ata o día de hoxe.

Hoxe presentámonos nós!

O equipo directivo está formado polas seguintes persoas:
  • Yolanda Alonso, Educación Infantil.
  • Mónica Lorenzana, Educación Primaria.
  • Sara Estarque, Educación Secundaria.
  • Lorena Fernández, Formación Profesional.
  • Xoan López, Xefatura de Estudos.
  • María Comesaña, Departamento de Orientación.
  • Montse Oliveira,  Departamento de Pastoral.
  • Jorge González, Administración.
  • Anuncia Piñeiro, coma representante da Entidade Titular,
  • Antonio Sabín, coma Director.