PROGRAMA BEDA
English is fun
English is fun with “Beda”
Iniciamonos no curso 2013-2014 no Programa Beda que ten por obxectivo a axuda eficaz na mellora da ensinanza do Inglés, sempre en coherencia coa calidade do resto das ensinanzas, do Proxecto educativo e os valores do Centro.
Consiste nunha implantación gradual da ensinanza bilíngüe Castelán-Inglés no Colexio, reforzando e ampliando determinados aspectos da vida educativa lingüística do Currículo e do entorno escolar, a través de:
- Un incremento cualitativo e cuantitativo da ensinanza do Inglés.
- Avaliación externa com Cambridge ESOL para alumnado e profesorado.
- Incorporación de auxiliar de conversa.
- Formación específica do profesorado.
CERTIFICADOS DE CAMBRIDGE ENGLISH
Somos Centro examinador de Cambridge.
No curso escolar 2017/2018 o resultado obtido polos alumnos/as de Primaria nos exames de Cambridge (Young leaners) foi moi satisfactorio.
Un 92% do alumnado adquiriu o nível competencial ao que se presentaron nos exames de Cambridge.
AUXILIAR DE CONVERSA
Contamos cunha Auxiliar de Conversa nativa Estadounidense, sendo un apoio enormemente eficaz para a adquisición de confianza e soltura por parte do noso alumnado e, sobre todo, para a mellora da competencia en Inglés. A implantación da Auxiliar de Conversa no Centro, é un factor decisivo na tarefa de crear un ambiente plurilingüe e de promover a práctica da conversa no Idioma Inglés, cos nosos alumnos e alumnas e docentes.
A incorporación da Auxiliar de Conversa ao Centro será o 16 de setembro e finaliza a sua labor o 15 de xuño de 2019.
SECCIÓNS BILINGÜES
Un dos nosos Obxectivos de Centro é potenciar o Plurilingüismo.
Dende hai varios cursos, traballamos en proxectos innovadores co alumnado para promover o uso do Inglés na aula. A materia de plástica e visual en 5º e 6º de Educación Primaria e Secundaria, impártese en Inglés, con todo o material didáctico elaborado pola profesora do Colexio.
Na Sociedade Europea actual a competencia multilingüe estase conformando como un aspecto esencial para a protección e desenvolvemento dunha herdanza lingüística como fonte de enriquecemento mutuo.