ERASMUS

 

 

O Centro na actualidade posúe a Carta Universitaria Erasmus + (ECHE) válida de 2014 a 2020.

Unha das nosas finalidades de participar en Proxectos de Cooperación Internacional (ERASMUS, E-TWINING, COMENIUS,..) é mellorar a competencia lingüística do alumnado.

 A CARTA UNIVERSITARIA ERASMUS + amplía os nosos horizontes ante a posibilidade de realizar os alumnos/as do noso Centro, a Formación en Centros de Traballo nos Países da Unión Europea.

Solicitouse o curso pasado a carta ECHE que ten unha duración do 2014 ao 2019.  co obxectivo de unificar os distintos ámbitos que tiña o proxecto ERASMUS o que nos permite solicitar distintos tipos de participación na formación de profesorado, movilidades de alumnado e profesorado etc.

No curso académico 2013/2014 participaron na movilidade 10 alumnos, 6 do CFGS en Integración Social (5 en Londres e 1 en Escocia) e 4 de Educación Infantil en (Londres). As áreas xeográficas elexidas para o desenvolvemento  son: Portugal, Italia, Francia, e países de fala inglesa.

Na nosa política Erasmus  se establece a estratexia do centro para os programas de cooperación, os obxectivos que se pretenden nos proxectos de cooperación internacional, o papel do centro para fomentar e certificar e participar nos proxectos. Toda esta información estará colgada na nosa WEB, e xa está no caderno do profesor.

O noso centro ten concedida a carta ECHE que ten unha duración do 2014 ao 2019  co obxectivo de unificar os distintos ámbitos que tiña o proxecto ERASMUS, o que nos permite solicitar distintos tipos de participación na formación de profesorado, mobilidades de alumnado e profesorado etc.

A carta Erasmus Plus amplía os horizontes ante a posibilidade de que o noso alumnado poida realizar a formación en centros de traballo nos Países da Unión Europea.

MOBILIDADES PARA PRÁCTICAS ERASMUS +

Ter a Carta ECHE, posibilita que o alumnado de Formación Profesional, poida realizar o periodo de prácticas (FCT) en países da Unión Europea.

O Centro seleccionou os seguintes países para a súa realización: Portugal, Italia, Francia e países de fala inglesa.

Ao alumnado se lle ofrecerá unha posibilidade de apoio lingüístico.

Dende o curso escolar 2012-2013, 22 alumnos disfrutaron das becas para as movilidades, nos seguintes países: Reino Unido (Londres, Escocia) e Portugal (Oporto).

Este curso académico 2017-2018 están concedidas 8 becas de mobilidade para o alumnado e 2 para docentes.

PROXECTOS EDUCATIVOS E PLATAFORMAS EDUCATIVAS

A carta ECHE esixe a participación en diferentes proxectos cooperativos e plataformas educativas. O centro está rexistrado na Plataforma e-twinning, o que significa que o profesorado se pode por en contacto con outro profesor/ora doutro país para realizar algún tipo de proxecto común.

A nosa política Erasmus  inclúe a estratexia do centro para os programas de cooperación, os obxectivos que se pretenden nos proxectos de cooperación internacional e o papel do centro para fomentar, certificar e participar nos proxectos.