PASTORAL

 

 

ACCEDE Á WEB DE SIERVAS DE SAN JOSÉ

CANAL DE YOUTUBE
FACEBOOK
INSTAGRAM
TWITTER

ACTIVIDADES A REALIZAR DURANTE TODO O CURSO:

Momento diario de oración-reflexión nas aulas.

De outubro a maio, grupos de MSJ

Este ano continuamos co Proxecto de Interioridade: “Dende Dentro”, que  levaremos a cabo con todo o alumnado 2 días durante 15-20 min. as 9 da mañán. Realizaremos actividades de relaxación, respiración, ioga, meditación… (ver máis explicación na páxina web).

Reunións trimestrais de formación e planificación de todo o profesorado para o proxecto “Dende dentro”

 

Setembro- Outubro

  1. Convivencia para o profesorado
  2. Momento de reflexión-ambientación para comezar o claustro.
  3. Eucaristía de inicio de curso de toda a Comunidade Educativa o día 28 de setembro.
  4. Convivencias (dende 3º de Primaria ata ESO) para traballar  o obxectivo anual, nas primeiras semanas de clase.
  5. Convocatoria e inicio de curso dos grupos de MSJ.
  6. MSJ (dende 5º de EP).
  7. Recollida de roupa para Cáritas.

 Decembro 

  1. Día do Ensino ( 7 de decembro). Dende a oración e a reflexión o día 5 de decembro no colexio.
  2. Advento, María de Nazaret e Nadal. Ambientación.
  3. Campaña de Nadal. Recollida de alimentos para os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres e para Cáritas parroquial ou outras entidades que o precisen, coordinada polo Equipo de Pastoral.  A partir do 3 de decembro.
  4. Exposición e venda de Comercio Xusto e outros artigos para Taller de Solidaridad.
  5. Nadal: Última semana do trimestre.

 Xaneiro, Febreiro 

  1. Momento de reflexión-ambientación para comezar o claustro.
  2. Día escolar da Paz (30 de xaneiro).
  3. Xornadas de Pastoral Educativa para o profesorado en Santiago.

 Marzo

  1. Coresma: Oración  da mañá. Ambientación do colexio. Celebración do Perdón.
  2. San Xosé: Ambientación do colexio. Semana de oración nas clases.
  3. Eucaristía de toda a Comunidade Educativa (en relación co obxectivo anual), o día 19 de marzo.
  4. Posto de venda e troco de libros, organizado por Taller de Solidaridad
  5. Recollida de roupa para Cáritas.

Abril 

  1. Celebración da Pascua co Profesorado.
  2. Ambientación e celebración da Pascua (dende EI ata FP) á volta das vacacións de Semana Santa, co alumnado.

Maio 

  1. Mes de María de Nazaret, dende as oracións da mañá e a ambientación.
  2. Semana das Letras Galegas, dende a oración nas clases.
  3. Venta de produtos de TdS polo Día Internacional do Comercio Xusto.
  4. Xornadas vocacionais para profesorado e alumnado.

Xuño 

  1. Recordo dos fundadores (6 de xuño): Bonifacia e Francisco X. Butinyá.
  2. Eucaristía de toda a Comunidade Educativa con motivo da festa de Santa Bonifacia.
  3. Oración fin de curso.
  4. Convivencia fin de curso de MSJ.
  5. Talleres de verán de MSJ.

O Departamento de Pastoral colaborará e participará nas actividades organizadas pola ONG  Taller de Solidaridad