Política de Calidad

 

 

 

 

Quen somos …

A Congregación de Siervas de San José, titular do Centro San José da Guía, situado no barrio de Teis, Vigo, ten como misión a evanxelización e promoción do mundo traballador e pobre.
A Familia de Nazaret, fogar e taller, inspira o noso quefacer educativo.
O Centro está ABERTO A TODOS, sen distinción de raza, crenzas relixiosas, ideas políticas… cunha especial atención aos que máis nos necesitan.
Ofrecemos unha FORMACIÓN INTEGRAL DO ALUMNADO en colaboración cos pais, e intentamos dar respostas ás necesidades que se suscitan na nosa COMUNIDADE EDUCATIVA, dende o punto de vista humano, cristián, cultural, e académico.
O modelo educativo do noso Centro baséase nunha concepción cristiá do home, da vida e do mundo, dentro do respecto a outras crenzas.
A Fe, o Traballo e o Amor son eixes transversais da nosa tarefa educativa.

Que ofrecemos …

Queremos ser percibidos como un Centro que pretende formar persoas que opta, entre outros, polos seguintes principios:
PEDAGOXÍA PERSOALIZADA centrada no alumno e que pretende alcanzar o seu desenvolvemento Integral.
A educación en valores cristiáns.
Unha METODOLOXÍA ABERTA, FLEXIBLE E ACTIVA que se adapte  ás características do grupo de alumnos, ao seu momento evolutivo e á realidade do contorno, e que posibilite que se transformen en suxeitos activos da súa propia aprendizaxe.
A FORMACIÓN INTELECTUAL DO ALUMNO que pretende espertar a inquietude pola procura da verdade, pola investigación, a valoración crítica da realidade e a capacitación profesional.
Unha EDUCACIÓN MÁIS ALÓ DA AULA E DO HORARIO ESCOLAR e que ten en conta a formación para o lecer.
Preparación do alumnado para o uso constructivo dos Medios de Comunicación Social e das novas tecnoloxías.
CONSIDERA A AVALIACIÓN COMA UN PROCESO CONTINUO que abarca os aspectos e dimensións do proceso educativo e da vida do Centro.
Mediante a posta en práctica destes principios

Os nosos valores…

A nosa opción pola persoa a fundamentamos na antropoloxía e cultura que se inspira no Evanxeo. Jesús de Nararet é o noso modelo de persoa. Segundo isto queremos educar nos nosos valores de:
PAZ, TRABALLO, LIBERDADE, AMOR, SOLIDARIEDADE, XUSTIZA, SENCILLEZ, COLABORACIÓN
A Dirección transmite e vela polo cumprimento de todos os requisitos legais e reglamentarios necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.