Curso 2020/21

Image from Freepik

Proceso de admisión curso 2020/21

Deixamos neste artigo a información de todo o proceso de admisión de novo alumnado e renovación de prazas para o vindeiro curso 2020 – 2021.
1-NORMATIVA REGULADORA
• ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
• DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bachallelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
• ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

2- CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/21

3- XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
A xornada de portas abertas desenvolverase no mes de febreiro, os días:
13 de febreiro: 12:15 horas
18 de febreiro: 10:30 horas e18:00 horas

4 marzo: 12:15 horas
Para efectuar esta visita ao centro, de xeito personalizado, deben chamar ao teléfono 986 376 153 do Colexio, confirmando a hora, que vostedes elixan, para ser atendidos.
Agardámosvos!

Image from Freepik


4- PERIODO DE ADMISIÓN
O procedemento e prazos de reserva e de admisión do alumnado son:
4.1 ALUMNADO MATRICULADO XA NO COLEXIO
Vos enviaremos a través dos titores a ficha de actualización de datos
4.2. ALUMNADO NOVO
4.2.1. Presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo.
A familias poderán cumplimentar as solicitudes de reserva na secretaría do centro ou ben telemáticamente (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/).
Se desexan tramitar a reserva a través da sede electrónica, deberán utilizar o modelo co código de referencia ED550B.
Se a familia presentou a solicitude por vía telemática (sen certificado dixital) deberá entregar no centro a documentación xenerada incluindo o código de solicitude
No impreso poden relacionar ata 6 Centros por orden de preferencia, pero cada alumno e alumna só pode presentar una única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle (Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en en centros docentes sustentados con fondos públicos) . A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de orixe.
A solicitude deberá ser asinada pola nai, pai ou representantes legais da alumna/o.
A solicitiude de admisión en supostos de ruptura familiar (separación, divorcio) deberá asinarse por ambos proxenitores e se terá que entregar unha copia do convenio regulardor ou resolución xudicial de separación ou divorcio se é o caso.
De constatarse nestes supostos a existencia dunha soa sinatura na solicitude, requerirase ao proxenitor que a presentou para que subsane a deficiencia.
De existir discrepancia polo proxenitor non asinante, non se paralizará o expediente, pero poñerase os feitos en coñecemento da xefatura territorial para o seu traslado ao ministerio fiscal
O proceso de admisión continuará durante os meses de abril, maio e xuño, cunhas datas e prazos que proximamente serán publicados.
4.2.2. Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión.
No caso que que teñamos máis solitudes que vacantes solicitaremos a presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremación. O plazo para entregar dita documentación son 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes de que termine o prazo de presentación de solicitudes.

Os criterios de baremación segundo a normativa vixente son:

Image from Freepik

4.2.3. Publicación de ADMITIDOS e NON ADMITIDOS
Publicación dos listados provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril de 2018.
Publicación dos listados definitivos de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio de 2018.
Prazo para a formalización da matrícula ordinaria:
• do 22 de xuño ao 30 de xuño para infantil e primaria
• do 25 de xuño ao 10 de xullo para ESO.
Prazo extraordinario para ESO:
• do 1 ao 10 de setembro

5.- Horario de atención.
A partir do mes de febreiro, a Dirección do Colexio vos atenderá con previa cita para consultar calquer dúbida.
SECRETARÍA:
Dende as 10:00h ata as 14:00h todos os días.