Somos un centro da Congregación das Servas de San Xosé que comezou a nosa andaina no 1934. Estamos no barrio de Teis de Vigo e a Familia de Nazaret, fogar e taller, inspira o noso quefacer educativo.
A Fe, o Traballo, e o Amor son eixes transversais da nosa tarefa educativa.
O Colexio inaugurouse o 15 de setembro de 1934 obtendo a aprobación definitiva como Colexio de primeiro ensino o 21 de decembro de 1937. Foi adaptándose ás lexislacións vixentes en cada momento ata o día de hoxe.
Hoxe presentámonos nós!
- Yolanda Alonso, Educación Infantil.
- Mónica Lorenzana, Educación Primaria.
- Lorena Fernández, Formación Profesional.
- Xoan López, Xefatura de Estudos e Educación Secundaria
- María Comesaña, Departamento de Orientación.
- Montse Oliveira, Departamento de Pastoral.
- Paula Verde, Administración e secretaría.
- Mercedes Madarmás, coma representante da Entidade Titular,
- Antonio Sabín, coma Director.