
Aquí recollemos a documentación que regula as medidas tomadas ao longo deste curso por mor da COVID e en función da normativa vixente.
Preme sobre cada documento para acceder a el:
Plan de Adaptación á situación COVID 19
Horario de Entradas e Saídas
Neste enlace tendes o sistema de organización de entradas e saídas ao centro.
LEMBRADE a importancia de respectar os horarios de entrada e saída para evitar aglomeracións e facilitar un acceso seguro a todas as persoas do centro.
Organización da Ensinanza en caso de pasar a Educación Virtual
En caso de que pasemos, polo cambio das circunstancias, a ensinanza virtual, estes son os documentos cós que imos organizar e regular o noso labor.
O Plan Xeral de Ensinanza virtual en espello que regula a forma de Traballo do Departamento de Orientación está á vosa disposición no seguinte enlace.
Os Horarios que regularán as sesións virtuais de cada curso está neste enlace.
A Normativa segundo a que se desenvolverán as sesións virtuais en Educación Infantil e máis en 1º e 2º de EP está no seguinte enlace.
A Normativa segundo a que se desenvolverán as sesións virtuais en de 3º a 6º EP está no seguinte enlace
A Normativa segundo a que se desenvolverán as sesións virtuais en ESO e FPB está no seguinte enlace.
A Normativa segundo a que se desenvolverán as sesións virtuais nos Ciclos Formativos está no seguinte enlace.