PROGRAMA BEDA

English is fun

English is fun with “Beda”

Iniciamonos no curso 2013-2014 no Programa Beda que ten por obxectivo a axuda eficaz na mellora da ensinanza do Inglés, sempre en coherencia coa calidade do resto das ensinanzas, do Proxecto educativo e os valores do Centro.

O programa consiste nunha implantación gradual da ensinanza bilingüe Castelán-Inglés no colexio, reforzando e ampliando determinados aspectos da vida educativa lingüística do Currículo e da contorna escolar, a través de:

  • Un incremento cualitativo e cuantitativo da ensinanza do Inglés.
  • Avaliación externa con Cambridge ESOL para alumnado e profesorado.
  • Incorporación de auxiliar de conversa.
  • Formación específica do profesorado.

CERTIFICADOS DE CAMBRIDGE ENGLISH

Somos Centro examinador de Cambridge.

AUXILIAR DE CONVERSA

Contamos cunha Auxiliar de Conversa nativa cada ano, xa tivemos persoas vidas dende os EEUU, do Reino Unido ou de Filipinas, sendo un apoio enormemente eficaz para a adquisición de confianza e soltura por parte do noso alumnado e, sobre todo, para a mellora da competencia en Inglés. A implantación da Auxiliar de Conversa no Centro, é un factor decisivo na tarefa de crear un ambiente plurilingüe e de promover a práctica da conversa no Idioma Inglés, có noso alumnado e docentes.

SECCIÓNS BILINGÜES

Un dos nosos obxectivos de centro é potenciar o plurilingüismo.

Dende hai varios cursos, traballamos en proxectos innovadores có alumnado para promover o uso do Inglés na aula. A materia de Artística en 5º e 6º de  Primaria e a de Educación Plástica e Visual en Secundaria, impártese en Inglés, con todo o material didáctico elaborado pola profesora do Colexio. Tamén a materia de Educación Física está no proceso de pasar a inglés en todos os cursos, chegando na actualidade a 3º de Primaria.

Na sociedade europea actual a competencia multilingüe estase conformando coma un aspecto esencial para a protección e desenvolvemento dunha herdanza lingüística coma fonte de enriquecemento mutuo.