O noso centro acaba de renovar a Carta Erasmus de Educación Superior 2021-2027, grazas a ela, gozamos do marco preciso para que estudantes de ciclos superiores, tamén profesorado, poidan realizar mobilidades en países da Unión Europea en vindeiros cursos.

Iniciamos o programa Erasmus+ financiado pola Unión Europea en 2012. Da man do Erasmus máis de corenta estudantes de ciclos superiores realizaron prácticas en países como: Portugal, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Italia e Polonia. No ano 2019, dúas profesoras de ciclos puideron coñecer o traballo de entidades do social no sur de Italia, estreámonos así noutra modalidade do programa Erasmus+.

O programa Erasmus+ encádrase na estratexia de internacionalización, de mellora da competencia lingüística e de innovación do noso centro. Ser beneficiarias de proxectos europeos permite ao noso alumnado realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) en institucións colaboradoras de países da Unión Europea.