
A hora de entrada do alumnado será ás 9:00, permitirase entrar ao alumnado ás 8:55. Non se permitirá estar no centro antes desas horas.
O alumnado que necesite entrar antes por motivos de conciliación familiar disporá do servizo da Aula Matinal
O horario de saída do alumnado de Infantil e de Primaria é ás 14:00, o alumnado de ESO, FPB e Ciclos sae ás 14:30.
O alumnado de ESO e FPB ten horario de tarde os luns de 16:30 a 18:10, sendo a entrada entre as 16:20 e as 16:30.
O alumando de Ciclos ten horario de tarde os luns e os mércores de 16:30 a 19:00.
O alumnado de 5º e 6º de primaria poderá abandonar o centro sen compaña dun adulto sempre que os titores legais asinen a autorización de saída.
O alumnado da ESO pode abandonar o centro sen autorización.
Na hora do recreo o alumnado da ESO non pode abandonar o centro.
Este curso, dadas as normativas derivadas do COVID estas entradas e saídas adaptaranse ao seguinte sistema de quendas:
Calendario Escolar 2020 – 2021
calendario escolar 20-21 da Consellería
Este curso as clases para Infantil e Primaria iniciarán o 10 de setembro e para ESO, FPB e Ciclos iniciarán o 16 de setembro, ambos inclusive. Todos os niveis educativos rematarán o 22 de Xuño este inclusive.
As vacacións de Nadal serán dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos inclusive.
A Semana Santa será dende o día 29 de marzo ao 5 de abril de 2020, ambos inclusive.
Serán días non lectivos o 12 de outubro (Hispanidade), 7 de decembro (día do ensino), o 8 de decembro (día da Inmaculada), do 15 ao 17 de febreiro (entroido), 19 de marzo (San Xosé) e 17 de maio (Días das Letras Galegas).
Os días de libre elección de centro e, polo tanto, tamén non lectivos serán o 13 de outubro e o 18 de maio.
Horario de Visitas
Dirección
Luns de 12:30 h a 13:30 h.
Martes de 18:30 h a 19:30 h.
E sempre que haxa algo urxente.
Secretaría
De luns a venres de 09:00 h a 10:00 h e de 13:00 a 15:00 h.
Administración
De luns a venres de 09:00 h a 11:00 h.
Titores/as e profesores
Os martes de 18:30 h ata 19:30 h.
Actividades e Celebracións Colexiais
Primeiro trimestre:
-Festa do magosto, 6 de novembro.
-Nadal, semana de 21 de decembro
Segundo trimestre:
-Día da Non Violencia e a Paz, 29 de xaneiro.
-Entroido, 12 de febreiro.
-Festas de San José: Semana do 15 ao 19 de marzo.
Terceiro trimestre:
-Día das Letras Galegas semana do 17 de maio.
-Recordo dos fundadores, Bonifacia e Francisco Butiñá e día da familia, 4 de xuño.