Dende as 7:30h ás 9:00h, para os nosos «peques madrugadores» na  aula matinal realizamos diversas actividades antes de comezar a xornada lectiva. Creamos un espazo participado e cooperativo fomentando valores coma o respecto, o compañeirismo e a relación educativa entre iguais.

O custe deste servizo é o seguinte:

Mes completo -> 30 € mes completo

Días soltos -> 3€ pagando como máximo o tope mensual

En caso de dous  irmáns o custe será de 50 €