Quen somos …
A Congregación de Siervas de San José, titular do Centro San José da Guía, situado no barrio de Teis, Vigo, ten como misión a evanxelización e promoción do mundo traballador e pobre.
A Familia de Nazaret, fogar e taller, inspira o noso quefacer educativo.
O Centro está aberto a todas, sen distinción de raza, crenzas relixiosas, ideas políticas… cunha especial atención aos que máis nos necesitan.
Ofrecemos unha formación integral do alumnado en colaboración cós pais, e intentamos dar respostas ás necesidades que se suscitan na nosa comunidade educativa, dende o punto de vista humano, cristián, cultural, e académico.
O modelo educativo do noso Centro baséase nunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo, dentro do respecto a outras crenzas.
A Fe, o Traballo e o Amor son eixes transversais da nosa tarefa educativa.
Que ofrecemos …
Queremos ser percibidos coma un Centro que pretende formar persoas e que opta, entre outros, polos seguintes principios:
- Pedagoxía personalizada, centrada no alumno e que pretende alcanzar o seu desenvolvemento Integral.
- A educación en valores cristiáns.
- Unha metodoloxía aberta, flexible e activa que se adapte ás características do grupo, ao seu momento evolutivo e á realidade da contorna e que posibilite que se transformen en suxeitos activos da súa propia aprendizaxe.
- A formación intelectual do alumnado que pretende espertar a inquietude pola procura da verdade, pola investigación, a valoración crítica da realidade e a capacitación profesional.
- Unha educación máis aló da aula e do horario escolar e que ten en conta a formación para o lecer.
- Preparación do alumnado para o uso construtivo dos Medios de Comunicación Social e das novas tecnoloxías.
- Considera a avaliación coma un proceso continuo que abrangue os aspectos e dimensións do proceso educativo e da vida do Centro. Mediante a posta en práctica destes principios
Os nosos valores…
A nosa opción pola persoa a fundamentamos na antropoloxía e cultura que se inspira no Evanxeo. Xesús de Nazaret é o noso modelo de persoa. Segundo isto queremos educar nos nosos valores de:
Paz, traballo, liberdade, amor, solidariedade, xustiza, sinxeleza e colaboración.
A Dirección transmite e vela polo cumprimento de todos os requisitos legais e regulamentarios necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.