As Siervas de San José somos un grupo de mulleres consagradas que, centradas no seguimento de Xesús de Nazaret, vivimos unha espiritualidade encarnada, profética e transformadora, e unha misión que se expresa no compromiso coa promoción e evanxelización do mundo traballador pobre, privilexiando o traballo de dignificación da muller.

Somos unha Congregación multicultural que traballa en rede e comparte o seu Carisma, vida e misión coa sociedade, en estreita colaboración coas laicas e laicos josefinos. O noso estilo de vida sinxelo, solidario e comprometido, o noso traballo coa muller, a nosa sensibilidade cara ao coidado da creación e a fraternidade vivida nas nosas Comunidades-Taller son forza profética do noso Carisma, que convoca a novas mulleres a unirse ao noso proxecto de vida.

 Todo comezou…

en Salamanca, o 10 de xaneiro de 1874, da man de Bonifacia Rodríguez e Francisco Butinyá i Hospital.

A institución nace no humilde obradoiro de Bonifacia para a promoción e evanxelización da muller traballadora, nun momento no que as opcións laborais para as mulleres eran moi limitadas e cheas de dificultades.

O traballo converteuse así nun elemento constitutivo da misión a realizar polas mulleres que van entrando a formar parte do obradoiro. Dende a experiencia crente, a oración faise compañeira de camiño do traballo e, irmandadas, búscase dar sentido ao esforzo diario e a dignidade ao espazo laboral.

Hoxe continua…

unha congregación de relixiosas traballadoras que dende o mesmo lugar social do mundo traballador e pobre, comprometeuse na súa evanxelización e promoción cunha mirada especial á muller pobre sen traballo.

Unha experiencia de fe arraigada no cotián da historia, encarnada e solidaria.

Un obradoiro onde compartir a vida de Xesús, que con María e Xosé, traballa en Nazaret.

Un fogar inclusivo e igualitario para todas as persoas que queiran apostar polo seu mesmo sono.