Aprendendo ao teu carón

Aprendizaxe, proximidade, coidado, felicidade, inclusión
e creación de comunidade son algúns dos valores que
nos acompañan desde 1934.

Novas

CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A DOTACIÓN DE AULAS DIXITAIS CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DOS FONDOS EUROPEOS NEXTGENERATION

Estamos de Noraboa!!

 Concedéronnos unha subvención pública ofertada a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, financiada íntegramente polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU.

Os obxectivos que buscamos ao solicitar esta subvención, que nos permite adquirir novos equipos dixitais que contan coa última tecnoloxía, son:

– Contribuír á mellora do proceso da ensino-aprendizaxe, ao tratarse de dispositivos máis versátiles en canto á interacción, máis adaptados aos requirimentos das diferentes etapas evolutivas dos nenos e nenas, así como ás necesidades educativas especiais , soportan mellor softwares e programas punteiros no ensino dalgunhas materias…

– Lograr un impacto positivo na saúde visual dos nosos mozos e mozas e no aforro enerxético, dado que teñen máis potencia na imaxe, e non precisan de diminuír a luz ambiental para unha visión óptima.

Por estes beneficios, solicitamos dotación de ordenador e pantalla dixital interactiva para 4 aulas do colexio, e foinos concedida a totalidade das mesmas, subvencionadas co 100% do importe.

Sabemos que compartiredes connosco a alegría por esta boa noticia, dado que todas estas melloras do centro reverterán positivamente no noso alumnado.

Proxecto
Educativo

Crecer en liberdade, autonomía, proximidade e liberdade en todas as etapas. Acompañar e formar para unha vida plena en comunidade onde a formación e os valores sempre van xuntos.

Etapas

Educación Infantil / Primaria / Secundaria / FPB/ Ciclos Superiores

"]
Colexio Plurilingüe San Jose de la Guía
0
Anos de historia
0 +
Docentes
0 +
Estudantes
0 +
Sorrisos diarios

Somos un centro aberto que traballa pola mellora da educación na súa contorna.

Servizos

O Colexio Plurilingüe San José de la Guía oferta os servizos necesarios para a conciliación das familias na actualidade.

Aula matinal

De luns a venres desde as 7:30 h ata o comezo do horario lectivo.

Aula Mediodía

De luns a venres desde as 14.00 ata as 14.30 h.

Comedor

Adaptados as necesidades nutricionais en todas as etapas de crecemento.

Extraescolares

Pensadas para todos os intereses.

Radio Ático

Un proxecto radiofónico feito con moito agarimo desde o ático do cole.

Actividades Extraescolares

Inglés

Escola certificada para a preparación dos exames oficiais da Universidade de Cambridge.

Para todos os gustos

Actividades pensadas para todo tipo de preferencias e inquedanzas de todos os tipos.

Queres coñecernos mellor?
Acorda a túa cita e visítanos.