Educación
Educación
Secundaria e FPB
Secundaria (ESO). Fase na que desenvolver o pensamento crítico, creativo e reflexivo.
FPB: Formación Profesional Básica. Acadar competencias para o exercicio dunha profesión e favorecer o seu aprendizaxe posterior.
Desde a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Formación Profesional Básica (FPB) no colexio San José de la Guía EDUCAMOS tendo como premisa que o ALUMNADO é o centro de todo o noso quefacer educativo.

Formamos
Desde unha metodoloxía activa, innovadora, participativa sen deixar de ir ás fontes tradicionais do saber e centrada nas necesidades reais do noso estudantado.

Acompañamos
No proceso de desenvolvemento persoal do alumno e alumna, atendendo a súa progresión tanto académica como social e cultural, en constante colaboración coas familias.

Insistimos
Na necesidade de formar alumnos e alumnas solidarios coa súa contorna, introducindo en todos os contidos académicos os valores da igualdade de xénero, o respecto ao medio ambiente, a aceptación da diversidade cultural e persoal e a solidariedade, entre outros, como alicerces da súa personalidade.

Acollemos
Os valores propios de San José e os da Congregación nas nosas aulas en canto a sinxeleza, ao esforzo, á dignificación do traballo e a visión transcendente que nos leve a transformar a nosa sociedade.

Participamos
En proxectos integrais do centro para mellorar a convivencia escolar e a formación integral do noso alumnado.

Soñamos
A diario cun mundo mellor, cunha sociedade máis xusta e por iso nos envorcamos sen límite en atender as necesidades educativas especiais dos alumnos e alumnas que o poidan precisar.

Ilusionámonos
Con este colexio, con esta comunidade e coas ideas que tratamos de transmitir. Unha ilusión que arrinca desde a nosa vocación de educadores e que se plasma na nosa acción formativa.