Planificación 2020 – 2021
Durante este curso escolar, e debido á situación da pandemia producida polo
COVID, algunhas das actividades planificadas non se poderán levar a cabo ou se adaptarán para ser realizadas no grupo-clase.
Continuaremos co lema do curso 2019-20: “A TÚA VIDA SEN FILTROS”
Actividades a realizar durante todo o curso
- Momento diario de oración-reflexión nas aulas.
- Este ano, continuamos có Proxecto de Interioridade: “Dende Dentro”, que levaremos a cabo con todo o alumnado 2 días durante 15-20 min. Realizaremos actividades de relaxación, respiración, ioga, meditación… (ver máis explicación na páxina web). Este programa irá unido ao Plan Socio-emocional do centro durante este curso.
- Actividades complementarias, a realizar na aula có grupo-clase.
- Tempos litúrxicos, a realizar na aula có grupo-clase.
Setembro – Outubro
- Momento de reflexión-ambientación para comezar o claustro.
- Actividades do Plan Socio-emocional.
Decembro
- Día do Ensino (7 decembro). Dende a oración e a reflexión. Celebrarémolo o día 4 no colexio.
- Advento, María de Nazaret e Nadal. Ambientación.
- Nadal: Última semana do trimestre.
Xaneiro – Febreiro
- Momento de reflexión-ambientación para comezar o claustro.
- Día escolar da Paz (30 de xaneiro) o celebraremos o venres 29.
Marzo
- Coresma: Oración da mañá. Ambientación do colexio. Celebración do Perdón.
- San Xosé: Ambientación do colexio. Semana de oración nas clases.
- Semana Vocacional: continuamos coas actividades iniciadas hai dous cursos.
Abril
- Pascua có Profesorado.
- Ambientación e celebración da Pascua (dende EI ata FP) á volta das vacacións de Semana Santa, có alumnado.
Maio
- Mes de María de Nazaret, dende as oracións da mañá e a ambientación.
- Semana das Letras Galegas, dende a oración-reflexión.
Xuño
- Recordo dos fundadores (6 de xuño): Bonifacia e Francisco X. Butinyá celebrarémolo o día 4 no colexio.
- Oración fin de curso no Claustro.
O Departamento de Pastoral colaborará e participará nas actividades organizadas pola ONG Taller de Solidaridad.