Educación
Educación
Ciclos Superiores
O noso centro educativo conta cunha traxectoria no eido da Formación Profesional dende o ano 1985. Temos un alto índice de inserción laboral.
O Blog dos Ciclos Superiores
CFGS Educación Infantil
Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
CFGS Integración Social
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de
integración social aplicando estratexias e técnicas específicas,
promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas destinatarias.
A nosa finalidade é capacitar profesional, persoal e socialmente ao alumnado, empregando unha metodoloxía activa, participativa e innovadora.
As competencias profesionais adquírense mesturando a teoría con espazos de aprendizaxe prácticos, como:
- Proxectos verticais: distintas propostas deseñadas e implementadas polo alumnado de Ciclos, para determinadas etapas, cursos, e niveis do centro.
- “Desde dentro»: proxecto de interioridade e autocoñecemento.
- Visitas, charlas e saídas: aproximación a realidade profesional máis aló das aulas.
- Radio “Ático” e productora de vídeos: participación e elaboración de contidos utilizando a radio educativa e o vídeo.
- Instalacións didácticas e sociais: creación de espazos de aprendizaxe baseados no arte.
- Técnicas de teatro: negro, sombras, monicreques.
- Aula virtual.
- Metodoloxías activas e innovadoras: gammificación, fliped classroom, aprendizaxe e servizos…
- Proxectos con entidades educativas e sociais.
O noso centro acaba de renovar a Carta Erasmus de Educación Superior 2021-2027, grazas a ela, gozamos do marco preciso para que estudantes de ciclos superiores, tamén profesorado, poidan realizar mobilidades en países da Unión Europea en vindeiros cursos.
Iniciamos o programa Erasmus+ financiado pola Unión Europea en 2012. Da man do Erasmus máis de corenta estudantes de ciclos superiores realizaron prácticas en países como: Portugal, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Italia e Polonia. No ano 2019, dúas profesoras de ciclos puideron coñecer o traballo de entidades do social no sur de Italia, estreámonos así noutra modalidade do programa Erasmus+.
O programa Erasmus+ encádrase na estratexia de internacionalización, de mellora da competencia lingüística e de innovación do noso centro. Ser beneficiarias de proxectos europeos permite ao noso alumnado realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) en institucións colaboradoras de países da Unión Europea.