Educación
Educación
Educación Infantil
Etapa fundamental onde desenvolver o aspecto afectivo, emocional, comunicativo, psicomotor e cognitivo. Así o facemos:
O Blog de Infantil
Traballo por proxectos e recunchos
O noso obxectivo é que sexan autónomos, independentes, críticos e libres. O éxito desta metodoloxía débese a que está fundamentada nos propios intereses do alumnado, que aprende a través de experiencias e vivencias. Con esta metodoloxía facemos que nenos e nenas sexan responsables, capaces e polo tanto competentes. Pretendemos que os máis pequenos xoguen, manipulen e estimulen a súa creatividade…coa disposición, por recunchos, de todo tipo de materiais (mesa de luz, barro, area, fariña , lentellas…) Para o desenvolvemento dos proxectos pediremos de modo voluntario a colaboración da familia como parte activa da comunidade.
Matemáticas manipulativas
Achegámonos ao razoamento lóxico-matemático e ao concepto do número a través do xogo e da manipulación de distintos materiais cotiás.
Música e movemento
SENTIR, EXPRESAR e CREAR serán as palabras claves nesta materia. En música e movemento pretendemos desenvolver as capacidades expresivas e musicais do noso alumnado. Xogamos co son: descubrir, explorar, coñecer, crear... Sentimos a música a través do corpo. Expresámonos a través da danza, o xesto, o movemento… Traballamos coa voz, o corpo como instrumento musical, percusión, imaxes…
Auxiliar de conversa
Contamos coa presenza dunha persoa que posúe o inglés como idioma nativo e que realiza as funcións de auxiliar de conversa. Unha figura a que o noso alumnado está afeito no día a día das actividades.
Psicomotricidade
A estimulación psicomotora nos primeiros anos, promove o desenvolvemento cognitivo, social, físico e emocional dos nenos e nenas. Neste cole, o alumnado da etapa de infantil, xunto co alumnado do Ciclo Superior en Educación Infantil, adicamos dúas sesións semanais ao desenvolvemento cognitivo-motor. Realizamos actividades sensoriais, de motricidade fina, grosa e psicomotricidade, e tamén unha sesión impartida en inglés por unha mestra especialista en psicomotricidade . Todo fundamentado nas etapas do desenvolvemento psicomotor, levado a cabo dun xeito profesional nun contexto lúdico, con actividades ben programadas e definidas nun ambiente relaxado. E sempre respectando o propio ritmo e interese do neno e nena. Así o desfrute e aprendizaxe están asegurados!
Desde dentro: autocoñecemento
Unha viaxe ao interior para o coñecemento, aceptación e amor propio para mellorar a convivencia cos demáis e o coidado do mundo que nos rodea. Dúas sesión á semana durante quince minutos a través de ioga, respiración, relaxación, masaxes, exercicios sensoriais, linguaxes expresivas…
Proxectos interxeracionais
Orientados á creación de espazos de encontro e á realización de actividades conxuntas, fomentando o respecto e a cooperación entre nenos e nenas e adultos e adultas. Son procextos interxeracionais levados a cabo coa residencia de anciáns “Santa Marta” e “AFAGA Alzheimer” que buscan desenvolver valores e actitudes positivas como a tolerancia e a solidariedade interxeracional. Hai un intercambio importante de experiencias, con transmisión de tradicións e cultura popular.