Educación

Acompañamento

Orientación

Acompañamos ao alumnado e as familias en todas as etapas educativas. Axudamos ao alumnado e as súas familias a desenvolver todas as súas potencialidades.

Temos un equipo formado por unha pedagoga, unha mestra especializada en P.T. (pedagoxía terapéutica) e A.L. (audición e linguaxe) e un psicólogo externo que traballan para dar resposta ás necesidades individuais e grupais dende a etapa de Infantil.

Traballamos...

  • Técnicas de estudo: esquemas, mapas conceptuais …
  • Obradoiros específicos en ESO e FPB: círculos, autoestima, resolución de conflitos…
  • Orientación profesional e laboral en ESO e Ciclos de Formación Profesional.
  • Intervención psicolóxica a todo o alumnado, contando cun psicólogo clínico externo.
  • Acompañamento en todas a etapas ás familias, alumnado e profesorado.
O Blog de Orientación