Taller de Solidaridad
Formamos parte da rede de centros educativos que colaboran con Taller de Solidariedade (TDS), unha fundación de cooperación internacional acompañada pola Congregación Servas de San José. E facémolo porque cremos que promover o desenvolvemento en feminino é unha oportunidade para fomentar a igualdade e a xustiza social.
TDS é unha organización que impulsa iniciativas que ofrecen ás mulleres a oportunidade de recuperar as rendas das súas vidas favorecendo o seu acceso a un traballo digno e medios de vida que lles convertan en axentes do seu propio desenvolvemento e o das súas comunidades.
Queremos contribuír xunto a TDS á construción dun mundo máis xusto e igualitario promovendo unha futura cidadanía corresponsable e transformadora, a través da sensibilización, a Educación para a Cidadanía global e o voluntariado. E facémolo participando en iniciativas en prol da Igualdade de Xénero, a economía social e a xustiza global.
En TDS búscase mellorar as condicións de vida e trabállase en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostibles da Axenda 2030 das Nacións Unidas. Principalmente con tres deles:
● ODS 5: Lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e as nenas.
● ODS 8: Traballo decente e crecemento económico.
● ODS 12: Garantir modalidades de consumo e produción sostibles.
Queremos ser parte dunha rede global que poña ás persoas no centro, con independencia do seu sexo, a súa condición social ou o seu lugar de procedencia e que contribúa á construción dun mundo máis xusto e solidario.
Visita a Tenda Solidaria de TDS