Educación

Educación

Educación Primaria

Etapa que supón unha transición importante para a cativada, pasando da escola infantil a etapa de aprendizaxe estruturado.

Metodoloxía activa

Ensinanza centrada no alumnado, na súa capacitación e competencias propias do saber. Estas estratexias conciben a aprendizaxe como un proceso constructivo e non receptivo.

Aprendizaxe cooperativo

Utilizamos esta metodoloxía para impactar de maneira positiva na aprendizaxe. Defendemos que traballar en grupo mellora a atención, a implicación e a adquisición de coñecementos.

Aprendizaxe baseado na experiencia

Contemplamos un proceso de aprendizaxe significativo polo cal somos capaces de adquirir e aprender coñecementos, experiencias e habilidades a través da experimentación: Matemáticas manipulativas / Experimentos en ciencias / Radio Ático / Plan Lector / Expresión musical / Gamificación en inglés

Plurilingüismo

O noso obxectivo na primaria é facer ao noso alumnado capaz de expresarse en calquera lingua, interiorizando as culturas que levan consigo. Impártense as materias de Plástica e Educación Física en Inglés e as Ciencias Naturais e Sociais en Lingua Galega.

Auxiliar de conversa

Asiste ao profesor de Lingua Extranxeira e acerca tanto a súa lingua como a súa cultura. Converteuse no noso centro nun gran apoio para a mellora das competencias lingüísticas.

Desde dentro

Este proxecto é unha viaxe ao interior para ir coñecéndonos, aceptándonos e queréndonos máis para así mellorar tamén a convivencia cos demáis e o coidado do mundo que nos arrodea. Traballámolo a través da intelixencia emocional e espiritual. Levámolo a cabo en dúas sesións semanais de quince minutos con actividades de respiración, relaxación, exercicios sensoriais e outras linguaxes expresivas.

Atención á diversidade

Traballamos na detección, seguimento, apoio e reforzo. Potenciando as súas fortalezas e acompañando as súas dificultades.