Servizos

Aula Matinal

Un servizo para axudar na conciliación familiar no que a cativada esté atendida e forme parte dun grupo. Realizaremos actividades antes de comezar a xornada lectiva. Crearemos un espazo participado e cooperativo que fomente valores como o respecto, o compañeirismo e a relación educativa entre iguais.

Horario:
Desde as 7:30 h ás 9:00 h
  • Mes completo > 30 € mes.
  • Días soltos > 3€ pagando como máximo o tope mensual.
  • En caso de dous  irmáns o custe será de 50 €.

Mediodía

Atendemos a demanda das familias e poñemos a disposición o servizo de garda e custodia ao mediodía para facilitar a organización familiar.

Horario:
Desde as 14:00 h ás 14:30 h

Teléfono de contacto para recollida dos nenos 618187290

  • Mes completo > 15 € mes.
  • Días soltos > 1 €
  • O alumnado de Primaria que non sexa recollido ás 14:00 h puntualmente, automaticamente pasará a este servizo.

Comedor

Este servizo, que está xestionado polo centro, é preparado pola empresa de catering Arume. Contamos con ata 15 menús diferentes para adaptarnos as necesidades nutricionais ou menús especiais derivados de alérxenos. Na app ColeChef teredes disponibles os menús diarios xunto cun recomendador de alimentación diario.

Horario:
Desde as 14:00 h ás 15:50 h

A saída farase pola rúa Camiño das Maceiras.

Os alumnos que teñan clase pola tarde o asistan a extraescolares permanecerán no centro supervisados por personal docente.

  • Mes completo > 110 € mes.
  • Fixos discontinuos: 5,50 €
  • Días soltos > 7 €

Psicoloxía


O psicólogo é unha figura moi importante no desenvolvemento funcional e equilibrado das nosas mentes. Por iso a súa presenza nas diferentes etapas educativas é clave para atender e fomentar o crecemento psicolóxico en diferentes niveis: psicomotriz, intelectual, social, afectivo- emocional. Dentro do Departamento de Orientación contamos cun psicólogo clínico externo para enriquecer o servizo de Orientación do colexio. A atención é tanto para as familias coma o alumnado en función das necesidades de cada caso.

Extraescolares

Pensadas para todos os intereses e gustos que se poidan imaxinar!