Secretaría

Os datos de diario

A información do día a día

A secretaría e a administración do colexio están abertas de luns a venres de 09:00 h ata 14:00 h. 

Calendario escolar

  • Este curso as clases comezan o 11 de setembro de 2023 e rematarán o 21 de Xuño de 2024, ambos inclusive.

  • As vacacións de Nadal  serán dende o 22 de decembro
    de 2023 ata o 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

  • Entroido, 12, 13 e 14 de febreiro.

  • A Semana Santa será dende o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.

  • Non lectivos: 7 de decembro ( día do ensino)

  • Non lectivos: 13 de outubro e 20 de maio ( pendente de confirmación pola consellería)

  • A hora de entrada do alumnado será ás 9:00. Permitirase entrar ao alumnado ás 8:55. Non se permitirá estar no centro antes desas horas.
  • O alumnado que necesite entrar antes por motivos de conciliación familiar disporá do servizo da Aula Matinal
  • A horario de saída do alumnado de Infantil e de Primaria é ás 14:00, o alumnado de ESO, FPB e Ciclos sae ás 14:30.
  • O alumnado de ESO e FPB ten horario de tarde os luns de 16:30 a 18:10, sendo a entrada entre as 16:20 e as 16:30.
  • O alumando de Ciclos ten horario de tarde os luns e os mércores de 16:30 a 19:00.
  • O alumnado de 5º e 6º de primaria poderá abandonar o centro sen compaña dun adulto sempre que os titores legais asinen a autorización de saída.
  • O alumnado da ESO pode abandonar o centro sen autorización.
  • Na hora do recreo o alumnado da ESO non pode abandonar o centro.

Horarios
estudantes

Admisións 23 / 24

Autorizacións

Libros de texto

Uniformes

  • Dirección: luns de 12:30 h a 13:30 h.
    Martes de 17:30 h a 18:30 h.
    E sempre que haxa algo urxente.
  • Titores/as e profesores contactar por correo electrónico
  • Os horario poderán verse modificados en periodos vacacionais

Horarios dirección
e equipo docente