O Centro
Somos historia viva do barrio de Teis
Aprendizaxe, proximidade, coidado, felicidade, inclusión
e creación de comunidade son algúns dos valores que
nos acompañan desde 1934. Traballamos por proxectos
tendo en conta a integración de todas as disciplinas.
Somos un centro aberto que traballa pola mellora da educación na súa contorna.
Colexio Plurilingüe San José de la Guía
Misión
Buscamos que a cativada consiga destrezas para seren
autónomos, independentes, críticos e libres.
Historia
O Colexio inaugurouse o 15 de setembro de 1934 obtendo a aprobación definitiva como Colexio de primeiro ensino o 21 de decembro de 1937. Foi adaptándose ás lexislacións vixentes en cada momento ata o día de hoxe.
Filosofía
A Fe, o Traballo, e o Amor son eixes transversais da nosa tarefa educativa.
Somos un centro da Congregación das Servas de San Xosé. Estamos no barrio de Teis de Vigo e a Familia de Nazaret, fogar e taller, inspira o noso quefacer diario.
Equipo directivo
Colexio Plurilingüe San José de la Guía
Paula Verde
Administración e secretaría
Marta Bautista
Formación Profesional
Mónica Lorenzana
Educación Primaria
Lorena Fernández
Directora
Mercedes Madarmás
Representante da Entidade Titular
Xoan López
Xefatura de Estudos e Educación Secundaria
Nuria Fernández
Departamento de Orientación
Montse Olivera
Departamento de Pastoral
Baloncesto
Club de Baloncesto San José de la Guía
Taller de Solidaridad
Tecendo oportunidades