Comunidade
Identidade
A FAMILIA DE NAZARET inspira o noso quefacer educativo. NAZARET para as Siervas de San José é:
- FOGAR onde se fomenta a sinxeleza, a acollida, a confianza, o amor, o respecto e a axuda mutua.
- TALLER onde se asume o traballo como colaboración na construción dun mundo máis xusto e máis fraterno e como medio de realización persoal.
O noso centro está aberto a todos sen distinción de raza, sexo, crenzas relixiosas, ideas políticas, condición social, calidades humanas… con preferencia polos máis necesitados.
Un proxecto educativo para a familia
Baseado nunha concepción cristiá do home, da vida e do mundo dentro do respecto a outras crenzas.
- Promove unha síntese entre fe, cultura e vida.
- Fomenta a adquisición dunha escala de valores que axude aos nosos alumnos para realizarse plenamente e favorezan a liberdade, a xustiza, a solidariedade, a fraternidade, a paz…
- Transmite o Evanxeo de Jesús nunha linguaxe inteligible a cada situación humana. Fomenta o desenvolvemento da dimensión ética e transcendente da persoa.
- Descobre o traballo como medio privilexiado para o desenvolvemento persoal, a fraternidade humana e o servizo solidario. Forma persoas que saiban vivir o seu traballo con sentido transcendente e de servizo.
- Afirma o ser sobre o ter e pretende que o alumno chegue a ser el mesmo de maneira libre, responsable e solidaria.
- O amor como elemento imprescindible para o desenvolvemento harmónico da persoa, exercítase e aprende na CONVIVENCIA.
Que queremos con este uniforme?
Buscamos unha peza moderna, xuvenil e urbana que constrúa un sentir de orgullo e que sexa igualitario e inclusivo.
Movimiento San José (MSJ)
Movemento de lecer e tempo libre cristián.
Taller de Solidaridad
Tecendo oportunidades para os colectivos máis vulnerables.