Que é MSJ?
O MSJ é un movemento de lecer e tempo libre, cristián impulsado dende a espiritualidade das Siervas de San José, onde aprendemos a divertirnos doutra maneira, sendo solidarios, comprometéndonos coa realidade e orando dende a vida.
Onde atopar o MSJ?
O Movemento San José está presente en Alacante, Badaxoz, Selecta, Linares, Málaga, Mérida, Palencia, Salamanca, Vigo e Zamora, mantendo unha estreita relación entre a mocidade e animadoras e animadores que o formamos, unidos por un carisma e pola ledicia do Evanxeo.
Que pretendemos?
O MSJ pretende formar un tipo de persoa que descobre a Deus na súa vida cotiá e comprométese coa realidade máis desfavorecida.
A través de:
- Reunións para compartir e facer amizades
- Obradoiros de manualidades
- Festas
- Excursións
- Encontros con outras cidades
Os nosos distintivos
O cordón, representando o traballo no taller, onde a Nai Bonifacia realizaba este particular nó. Son de diferentes cores, dependendo da etapa. Ao redor do noso escudo quedan representados as cores das etapas.
Actividades
- PASCUA, mozas a partir de 18 anos.
- TALLER DE VERÁN, para alumnado de 5º ata 2º de E. S.O.
- TALLER EN MARCHA, dende 3º de E. S.O.
- CAMPO DE TRABALLO, mozos a partir de 18 anos
Dadas as circunstancias actuais derivadas do COVID no presente curso non está programada ningunha actividade.
O equipo de monitoras está traballando e buscando propostas para seguir presentes no curso